Como
en anos anteriores o noso Colexio participa en diversas actividades
relacionadas co mundo das Matemáticas. Este ano, entre outras
actividades, colaboramos na construcción dun obxeto matemático
chamado Esponxa de Menger.
Obxetivos da Actividade:
- Coñecer 8 dos 12 posibles desenvolvementos planos do cubo, e 4 dun prisma.
- Potenciar a creatividade e a habilidade para a construción dos distintos niveis.
- Facer ver a importancia do traballo en equipo para chegar os distintos niveis da Esponxa de Menger entre alumnos e centros para conquerir un proxecto común.
- Introducir o concepto de fractal
- Desenvolver un traballo interdisciplinar

Para
conseguilo precisamos a colaboración dos nenos do centro (5º e 6º
de primaria e ESO), así coma a das familias que se interesen en
participar.
Por
tanto, animámolo a acudir ao centro o vindeiro martes 18 de febrero de 18:00 a 19:00 h para, xunto cos nenos e profesores, montar as pezas que finalmente
darán lugar a esponxa que se exporá en Vigo na Fundación Barrié a
partir do 14 de Marzo.
ESPONXA DE MENGER NIVEL 2